Sobre o congreso

A X Edición do Congreso Internacional da Asociación Española de Investigación da Comunicación (AE-IC) celebrarase no Campus CREA da Universidade de Vigo, en Pontevedra.

O encontro reúne a profesionais e persoas investigadoras interesadas nos estudos de comunicación desde múltiples perspectivas teóricas e aplicadas.
Esta edición busca promover o diálogo académico, compartir avances científicos e reflexionar sobre os retos que afronta a comunicación contemporánea.

Nesta edición, o congreso céntrase nos desafíos que afronta a comunicación nun contexto de transformación constante, cambios tecnolóxicos e incerteza social.

O congreso está organizado pola Asociación Española de Investigación da Comunicación (AE-IC) en colaboración coa Universidade de Vigo, a través da Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación e do Campus CREA.

COMUNICAR NA INCERTIDUMBRE

O X Congreso da AE-IC propón unha reflexión arredor da comunicación en contextos de incerteza, marcados pola aceleración dos cambios sociais, políticos, tecnolóxicos e culturais. Nun escenario no que se transforman os ecosistemas mediáticos, se intensifican os procesos de desinformación e se erosionan as confianza nos discursos públicos, a comunicación convértese nun eixo central para comprender, interpretar e intervir na realidade social. O congreso convida a analizar estes desafíos dende perspectivas teóricas, empíricas e aplicadas, promovendo un debate crítico e plural sobre o papel da comunicación en tempos de incerteza.

Compromiso coa Sustenibilidade

O X Congreso AE-IC Pontevedra 2026 incorpora criterios de sustentabilidade na súa organización e comunicación, apostando por un uso responsable dos recursos e por prácticas respectuosas co contorno. Entre estas medidas inclúese a priorización de soportes dixitais fronte ao material impreso, a promoción dunha mobilidade sostible e a elección dunha sede integrada nun modelo urbano orientado á redución do impacto ambiental. Estas decisións responden á vontade de aliñar o congreso cos principios de responsabilidade social e sustentabilidade propios do ámbito académico.

Sede do Congreso

A sede do congreso será a Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación (Campus CREA), situada na cidade de Pontevedra.

Máis información

Sube o teu resumo

A organización invita á comunidade investigadora a presentar propostas de comunicación e participar activamente nas diferentes mesas e sesións do evento.

Enviar Resumo